XXXII Maruxaina

 Ó sábado 12 de agosto terá lugar en San Ciprián, na provincia de Lugo, a trixésimo segunda edición dunha das mellores festas do verán na Mariña, a Maruxaina.

Como marca a tradición, a xente vístese para a ocasión coa camiseta branca, o pano e os pantalón azuis no caso dos homes e as saias a cadros no caso das mulleres, tan característicos desta festividade.

Desfrutar de toda a xornada do sábado a carón da praia, ou mesmo nela, para posteriormente á noite admirar os fogos de artificio desde a mesma, é unha experiencia que sen dúbida vos recomendamos.

Este ano a Maruxaina está organizada polo Concello de Cervo. O Concello decidiu facer un cambio importante, sobre todo para a xente que non é da zona; prohibir a acampada. Porén, os visitantes que desexen pernoctar no pobo terán que pensar outra forma na que poder descansar tras tanta troula.

Aquí vos deixamos a programación da festa:

Venres 11
  • 19:00Gran chupinazo na Prazoleta para inaugurar a festa.
  • 19:05Degustación de empanadas e bolos preñados a prezos módicos.
  • 21:00 – Nomeamento do/a Maruxiano/a de honra 2017 a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina, tamén na Prazoleta.
Sábado 12
  • 11:00Pasarrúas por todo o pobo a cargo das charangas: Kilomberos de Monte Alto, a Charanga Mekánika, Os Charangos de Neda e a Charanga New Betters, ademáis dos Gaiteiros de San Ciprián.
  • 11:00 – 14:00Taller de redeiras por conta das Redeiras Artesanas Cabo de Burela para os máis pequenos, na zona do aparcamento da Praia do Torno.
  • 12:00Paseo da Maruxaina dende a Prazoleta o son dos pasarrúas.
  • 19:00Xogos na praia, competicións de carretilla, corda e carreira de sacos, con premio para os gañadores.
  • 23:00Desembarco da Maruxaina na praia do torno baixo os fogos artificiais.
  • 00:00Xuízo popular á Maruxaina
  • 00:30Queimada popular, de balde para os que mercaron a cunca deste ano.
  • 01:00Verbena coas orquestras Iris e Trova Musical

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies