XXIII Feira das Marabillas
Un ano máis celebrase na cidade da Coruña a Feira das Marabillas, dende o xoves 20 ao martes 25 esta celebración levará ao casco histórico da cidade ao Medievo. Serán cinco xornadas cheas de múltiples actividades como postos de artesanía, postos de gastronomía, concertos, torneos… Tamén haberá diversas actividades para os máis pequenos da casa con diversidade de xogos e talleres.
Entre a súa programación, destaca o IX Encontro de Música Medieval Igrexa de Santiago, que será o sábado 22 de Xullo ás 20:30. Tamén temos que destacar a Cea Medieval na praza do Rectorado – Maestranza, que será o lúns 24 ás 22:00 horas. As actividades serán de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 0:00.
Aquí podedes ver o resto de actividades destes seis días de feira:
Para máis información podes entrar aquí.