LXV Festa do Albariño

O mes de agosto comeza cunha das grandes festas da nosa comunidade. Cambados acolle a 65ª Festa do Albariño, na que se prevé outro ano récord de asistencia na cidade pontevedresa.

O ano pasado, a festa contou con 54 postos de distintas marcas de viño albariño, no que se consagrou como gañador da Cata-Concurso das Rías Baixas a marca Vionta.

Este ano a festa conta con actuacións musicais de resona, na que destaca o concerto de Heredeiros da Crus. Aquí vos deixamos o programa completo de actividades e concertos:

 
Mércores 2
  • 9:00 – Alborada por conta do grupo de música tradicional Os Xeitosiños.
  • 13:00 – Pregón a cargo do actor Matías Varela.
  • 13:30 – Apertura dos postos de degustación.
  • 18:00 – Actuación de humor por Quico Cadaval (Lugar: Monte de la Pastora).
  • 20:00 – Concerto de Os Primordiais (Lugar: Praza do Con).
  • 22:00 – Verbena a cargo da orquestra Costa Dorada e Duendeneta Disco Móvil (Lugar: Praza do Concello).
  • 22:30 – Orquestra de Jazz de Galicia e artistas invitados (Lugar: Praza de Fefiñáns).
  • 23:30 – Concerto de Black Ice Twice (Lugar: Praza Alfredo Brañas)
Xoves 3
  • 9:00 – Alborada por conta do grupo de música tradicional Os Carballeiras.
  • 11:00 – 14:30 – Comezo do “Túnel Profesional del Vino y Catas temáticas”, no que a entrada custa 10€ (Salón de Congresos José Peña).
  • 12:00 – Espectáculo infantil Dani & Friends “A Caixiña dos mistos”.
  • 19:00 – 21:30 – Túnel Profesional del Vino organizado polo Consello Regulador de la D.O. Rías Baixas. Entrada a 10€ (Salón de Congresps José Peña).
  • 18:00 – Actuación de humor de Cándido Pazó (Monte de la Pastora).
  • 20:00 – Isla Le Triska (Lugar: Biblioteca Luis Rei) e Talabarte (Ruinas de Santa Mariña)
  • 22:00 – Actuacións musicáis por conta do Grupo M80 y Los Antonis. (Praza Alfredo Brañas)
  • 22:30 – Concerto de Sondeseu (Praza de Fefiñáns).
  • 23:00 – Verbena a cargo do Grupo Nebraska e Caramushow (Praza do Concello).
Venres 4
  • 9:00 – Alborada por conta do grupo de música tradicional Con De Xido.
  • 12:00 – 14:30 – Túnel Profesional del Vino organizado polo Consello Regulador de la D.O. Rías Baixas. Entrada a 10€ (Salón de Congresos José Peña).
  • 13:00 – Baile rexional por conta de Con De Xido.
  • 18:00 – Actuación de Daboapipa (Lavadero de San Roque).
  • 19:00 – 21:30 – Túnel Profesional del Vino organizado polo Consello Regulador de la D.O. Rías Baixas. Entrada a 10€ (Salón de Congresos José Peña).
  • 20:00 – Actuacións musicáis de Vaamonde, Lamas & Romero (Praza do Con) e Dani García (Biblioteca Luis Rei)
  • 21:00 – Actuación de Sujetos Ilícitos (Praza Alfredo Brañas).
  • 21:30 – Concerto de Best Boy (Praza de Fefiñáns).
  • 22:30 – Verbena a cargo do Grupo Alcázar e Impacto Disco Móvil (Praza do Concello).
  • 23:00 – Concerto de The Waterboys (Praza de Fefiñáns)
  • 23:00 – Duendeneta Disco Móvil (Praza Alfredo Brañas).
Sábado 5
  • 9:00 – Alborada por conta do grupo de música tradicional Volandeira
  • 10:00 – Cata Prima (Salón Bazán do Parador de Cambados)
  • 12:00 – 14:30 – Túnel Profesional del Vino organizado polo Consello Regulador de la D.O. Rías Baixas. Entrada a 10€ (Salón de Congresos José Peña).
  • 13:00 – Entrega de premios do concurso de Camisetas organizado por Cambados Zona Centro.
  • 13:30 – Baile rexional de Volandeira (Praza do Concello).
  • 19:00 – 21:00 – Túnel Profesional del Vino organizado polo Consello Regulador de la D.O. Rías Baixas. Entrada a 10€ (Salón de Congresps José Peña).
  • 22:00 – Actuación musical de Noite Fechada (Praza de Fefiñáns).
  • 22:30 – Verbena a cargo do Grupo Cosmos e Factory Disco Móvil (Praza do Concello).
  • 23:00 – Actuación do duo Take It Easy (Praza Alfredo Brañas).
  • 23:55 – Concerto de Heredeiros da Crus (Praza de Fefiñáns).
Domingo 6
  • 11:00 – Cata Derradeira (Salón de Congresos José Peña).
  • 11:00 – 13:30 – Túnel Profesional del Vino organizado polo Consello Regulador de la D.O. Rías Baixas. Entrada a 10€ (Salón de Congresos José Peña).
  • 12:00 – Alborada por conta do grupo de música tradicional Xironsa.
  • 13:00 – Desfile de Donas e Cabaleiros do Capítulo Serenísimo do Albariño.
  • 13:20 – Nombramento das novas Damas e Cabaleiros (Patio de armas do Pazo de Fefiñáns)
  • 14:00 – Xantar do Albariño e anuncio dos viños premiados.
  • 22:00 – Actuación da Banda de Música de Castrelo (Praza de Fefiñáns)
  • 22:30 – Verbena a cargo do Grupo Canela (Praza do Concello)
  • 23:59 – Espectáculo pirotécnico (Porto de Cambados)

Máis información na páxina oficial fiestadelalbariño.com 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies