Festival da Chaira

Sábado, 15 de xullo

Achegase de novo outra edición do Festival da Chaira tan esperado por todos nós. Este ano a Asociación Cultural A Chainza tráenos algunha novidade.

Numerosas actividades levaranse a cabo na praia fluvial de Baltar dende comezada a maña ata, para algún máis que outro, comezada a mañá do día seguinte.

  • 12:00_Sabado, 15 de xullo – Ruta de A espiga: 

    Para despertar o ánimo, comezará a mañá cunha das novidades deste ano, unha pequena ruta no entorno do festival. Esta pequena travesía circular de uns 6 Km de percorrido que comezará na área recreativa de Baltar e discorrerá por algún dos lugares máis salientables de Baltar, como poden ser o Castro de Sa ou a ponte de Miñoto.

  • 14:00_Sábado, 15 de xullo – Vermú con Cé Orquesta Pantasma:

     Despois do pequeno paseiño matutino, chega a hora da festa. Haberá unha sesión vermú servida polo bar que levará a propia asociación organizadora e amenizada pola célebre Cé Orquesta Pantasma.

  • 17:00_Sábado, 15 de xullo – VIII Aberto de Billarda: 

    En canto repousemos ese vermú e cadansua comilona, calquera que o desexe poderá participar no Aberto de Billarda que se celebará na mesma área recreativa de Baltar.

  • 17:30_Sábado, 15 de xullo – Xogos tradicionais:

    Xa pola tardiña o grupo Xotramu de Muimenta organiza unha gran variedade de xogos tradicionáis, tanto para os máis pequenos, como para os que non o son tanto.

  • 19:00_Sábado, 15 de xullo – Obra “Lola e a Ratoa”:

    A cargo do Teatro de Marionetas Trécola representarase a obra “Lola e a Ratoa” para que os máis pequechos, e os maiores tamén, poidan disfrutar deste festival.

  • 20:00_Sábado, 15 de xullo – Foliada aberta:

    Os Amigos do Caldeiro e Gaia Pandereteirxs encargaranse de comezar a animar o ambiente do Festival ao solpor.

  • 23:00_Sábado, 15 de xullo – Actuacions musicais:

    Entrada a noitiña todos os que estén dispostos a botar uns bailes, estarán servidos ao longo da noite e xa entrada a mañá con varios grupos da nosa terra. Estaremos acompañados por Andoa, Charanga Mekánika, Festicultures Troupe e dj Chafu.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies