Festa do Carme San Martiño Foz

21, 22 e 23 de xullo

Como ven sendo habitual, o Carme de San Martiño de Foz celébrase contando no seu día grande coas orquestras Paris de Noia e Panorama. Espérase outro sábado de San Martiño cunha asistencia masiva, xente de toda a provincia diríxese a Foz para desfrutar dunha festa que se converteu nun referente das festas de Lugo no verán.

A comodidade é unha das chaves desta festa, xa que de forma gratuita, conta con espacios para asentarte coa túa tenda de campaña (reservando previamente coa organización), amplias zonas de aparcamento e o máis importante, unha rede de autobuses que discorrerán por toda A Mariña para que calquer veciño que o desexe poda asistir. As cidades nas que os autobuses farán paradas veñen indicadas no cartel.

Programación:
Venres 21
  • As 21:30 dará comezo as festas co pregón. A continuación Gran churrascada e Xamón cocido.
  • A verbena correrá a cargo dos grupos FENIX e CLAXXON
Sábado 22
  • As 13:30 misa solemne. De seguido a sesión vermú amenizada polo grupo FENIX
  • As 22:30 dará comezo a gran verbena coas actuacións das orquestras PARIS DE NOIA e PANORAMA
Domingo 23
  • As 13:30 misa solemne. A continuación sesión vermú por conta do grupo EPO-K

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies